You are on page 1of 1

PREPOSICIÓNS E LOCUCIÓNS PREPOSITIVAS

1.- Sinalar as preposicións e locucións preposicionais

1. Non viñeron á discoteca por mor do exame do instituto.


2. Co gallo do Día das Letras Galegas fanse cousas que se deberían facer
todo o ano.
3. Senta aquí, cabo de min ao pé do lume, temos que conversar con
tempo.
4. Púxoo sobre o banco, logo colleuno con noxo e tirouno pola xanela.
5. Pono a rentes do chan para que non lles estorbe aos nenos
6. Traballou moito a prol da xustiza e pagáronllo coa indiferenza e o
esquecemento.
7. Agora voume situar decote diante do Miguel e a carón do Daniel.
8. En vez de levalo, déixao dentro do armario.
9. Desde onte anda fóra de si cun xenio de mil demos.
10. Non poñas cara de ferreiro por quedares debaixo de min, xa sabes que
xogo con vantaxe pola experiencia.

2.- Completar as frases usando as preposicións ata, deica, cara,


contra (e indicar o seu valor en cada caso)

1. Habería ... cincuenta mil cabezas de gando.


2. Agora a volta ciclista vai ... Lugo pola N-VI.
3. Entón poñían os nenos de xeonllos ... a parede.
4. Mañá xogan ... os de Peroxa.
5. O Sol sairá ... a seis.
6. Cariño está ... Ortigueira.
7. Marcho, que é tarde; ... mañá
8. Estivemos a sachar na viña ... as nove e cuarto.
9. Faltan unhas cinco horas ... a chegada do avión.
10. Hai ... trinta deputados dispostos a votaren afirmativamente.
11. Pois querían pór unha central nuclear alá ... Xove.
12. Hai uns douscentos quilómetros ... a casa máis próxima.
13. Sempre andaban en guerras ... os franceses.
14. Foi andando ... o peirao e non cansou.

You might also like