You are on page 1of 16

A temperie ribadense no 2018

Rematou 2018. Un ano máis, un ano menos, segundo como se mire, con novos datos
climáticos asegurando endencias cara ó futuro. Cos datos recollidos na Granxa-Escola Pedro
Murias, trázase unha semblanza da temperie en Ribadeo o pasado ano e ponse en perspectiva
relacionándoo cos anos anteriores deste século XXI.

1.Introdución
En Ribadeo contamos coa estación meteorolóxica da Granxa-Escola Pedro Murias, ID
10047 de MeteoGalicia:
43.5407 WGS84
Latitude:
(EPSG:4326)
-7.08302 WGS84
Lonxitude:
(EPSG:4326)
Altitude: 51 m.
Dende o ano 1993 ata comezado o século XXI, D.Luciano Zubillaga mantivo en
perfecto funcionamento unha estación manual. Esta estación conviviu algún tempo coa nova
estación automática, que non comezou a funcionar con todo o instrumental de xeito conxunto. Do
pasado anterior, dispóñense de series de datos incompletas de diversos períodos, que están
comezando a ser tabuladas e estudadas.
Así pois, a estación no período estudado, ten dous conxuntos de instrumentos. Un,
manual, ó que corresponden os citados datos de diversas épocas, aínda sen analizar. Outro,
automático, que foi incorporando instrumentos e que no que ten relación con temperaturas,
comezou a funcionar no 2001, pero que nos seus comezos non representa un conxunto harmónico
por faltarlle abondos datos invernais ata 2003 (en presións, ata 2006).
Os conxuntos de datos de ambas estacións parecería que son intercambiables, pero por
cuestións técnicas só son relativos correspondentes, que falta por harmonizar, o que fai que nun
primeiro paso sexa preferible ter en conta só un deses conxuntos. Por estar accesibles en internet ata
a actualidade, elixín xa hai anos o conxunto de datos da estación automática. Polo demáis, os únicos
que se manteñen accesibles na web de Meteogalicia hoxe en día.
Ó longo destas páxinas, haberá momentos nos que saia a colación o cambio climático.
O cambio climático é un fenómeno a nivel planetario e a longo prazo, e aínda que poda ser
indicativo o cambio nalgún dos parámetros meteorolóxicos que se analizan, hai que ter en conta que
son datos correspondentes a un lugar moi concreto, Ribadeo, e un período abondo máis curto que o
conveniente para estudar o cambio. Algo que en certo xeito se deixa sentir matemáticamente nas
gráficas nas que aparece a liña de tendencia coa súa ecuación e o parámetro R2, que da a bondade do
axuste da liña obtida en relación cos datos subministrados: nunha escala na que o mellor axuste
obtén R2 = 1, os R2 das gráficas expostas máis abaixo só chegan a unha fracción desa cantidade.
Algo, tamén, que segue a deixar clara a tendencia cando a inclinación é abonda, pero non no caso
de inclinacións pequenas, como soe ser nos datos manexados.
O presente traballo segue, con algún pequeno aumento, as mesmas liñas que o realizado
sobre 2017, e que se pode atopar, entre outros lugares, en http://fqribadeo.blogspot.com/2018/01/a-

p.1 de 16
temperie-ribadense-no-2017.html

2.Temperatura
Os datos de temperatura, están collidos a 1,5 m sobre o chan.
A temperatura ultimamente soe chamar máis a atención que outras variables
meteorolóxicas polo aumento global dentro do cambio climático. Repetindo o xa dito, ó facer
referencia maioritaria á temperie dun só ano, non se poden esperar mostras de dito cambio, que
implica períodos de tempo moito máis longos.
En 2018 non existe unha marca de temperatura alta como a que chegou a medir a
estación meteorolóxica da Pedro Murias de 35,44 ºC ás dúas menos dez da tarde UTC (catro menos
dez hora legal) o día 15 de outubro de 2017, despois de ter acadadao utra marca de altas
temperaturas poucos meses antes. Nin tampouco unha marca como a menor rexistrada pola mesma
estación automática o 16 de decembro de 2001, de tan só -1,41 ºC ás oito da mañá UTC. Non, este
período, as temperaturas foron máis normais.

2.1. Temperaturas medias diversas


A táboa co resume de datos recollidos (temperatura media diaria) é a que aparece en
baixo (táboa 1):
promedio 14,05 13,85 13,76 14,51 13,93 13,90 13,82 13,56 14,51 13,98 13,69 14,70 14,68 14,10 14,40 14,21
meses xan feb mar abr mai xun xul ago set ou nov dec
10,2 9,6 11,0 12,3 14,3 16,9 18,7 19,1 17,7 15,7 12,3 10,7
M.ac.an. 14,05 13,95 13,89 14,04 14,02 14,00 13,97 13,92 13,99 13,99 13,96 14,02 14,07 14,07 14,10 14,10
2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
Na primeira liña, aparece o promedio de temperatura anual dos anos 2003-2018. Máis
abaixo, as medias mensuais dende o 2003 (por exemplo, os 10,2 ºC de xaneiro corresponden á
media de temperatura de tódolos xaneiros de 2003 a 2018, incluído). E na penúltima liña, a media
anual acumulada dende o 2003, que vemos que cada vez se move menos dun ano a outro, como
corresponde a un dato deste tipo, aínda que ten unha pequena tendencia á suba. O anterior, dito coa
precaución de que non é prudente sacar conclusións dela, como especifiquei ó comezo.

2.2. Temperatura media anual


Represéntase o dato dos promedios de temperaturas anuais.
Gráfica 1:

p.2 de 16
Medias de temperatura anuais Ribadeo
s XXI
14,80
14,60
14,40
14,20
14,00
t media

13,80
13,60
13,40
13,20
13,00
12,80
2002 2004 2006 2008 2010 2012 2014 2016 2018 2020
ano

Obsérvase que, dos anos contabilizados, 2018 vese superado en temperatura media por
cinco, superando a outros once períodos anuais.
En conxunto, a temperatura media anual indica diferenzas de medias anuais de máis de
1 ºC en Ribadeo, entre os extremos do 2010, o ano máis frío da serie, e o 2014, o máis cálido, tendo
o ano recén rematado unha temperatura media que se aproxima abondo máis á máxima (0,3 ºC) que
á mínima (máis de 0,8 ºC).
Como se observa na gráfica seguinte (gráfica 2), a liña de tendencia indica que a
temperatura está a subir por termo medio 0,1 ºC cada 3 anos, o que nos daría 3,3 ºC de aumento ó
longo do século, en consonancia cun dos escenarios previstos polo panel do cambio climático
(PCC). Sempre, considerando que debido á distribución hai unha variación grande na estimación
(R2 = 0,165, moi lonxe de 1 que sería a estimación perfecta como xa se comentou)
Gráfica 2:

p.3 de 16
2.3. Temperatura media mensual
A temperatura media mensual ó longo do século (2003 en diante) da unha gráfica que é
característica, cun máximo en agosto, seguido de preto por xullo, e un mínimo en febreiro, seguido
de preto por xaneiro, correspondendo con que as temperaturas diarias máximas se rexistren uns 45
días despois do día de S. Xoán (representativo do solsticio de verán, máximo de horas de luz
diarias, no que as fogueiras axudarían a manter a luz) e as mínimas, uns 45 días despois de Sta.
Lucía (día representativo do solsticio de inverno, mínimo de horas de luz diarias, e patroa da vista,
para a que é necesario ter luz...)
Gráfica 3:

A imaxe coido que é representativa abondo, máis os datos poden ser representados
doutros xeitos non menos indicativos.
Gráfica 4:

Nesta última, son representados os mesmos datos de temperatura media que no caso

p.4 de 16
anterior (gráfica 3) como unha curiosa elipse simétrica inclinada por causa deses 45 días de atraso
en relación ós eventos astronómicos que marcan as festividades de S. Xoán e Sta. Lucía (por
exemplo, o máximo de temperaturas a comezos de agosto, tendo sido o solsticio de verán o 21 de
xuño)
Unha apreciación máis sobre temperatura: como se pode observar abaixo (gráfica 5), a
media dentro do ano 2018, despois dun inverno frío no que se chegou a marcar mínimas do século
en valores acumulados, foi subindo durante unha primavera cálida, manténdose no verán e primeira
parte do outono como un ano dos máis cálidos, para na parte final do ano rebaixar un pouco as
expectativas e quedar en quinta posición dos anos da serie presentada.
Gráfica 5:

2.4. Temperaturas máxima e mínima


A evolución das temperaturas extremas ás veces deixa unha visualización máis clara da
evolución xeral de temperaturas, aínda que non ten por que corresponder en cada ano individual coa
evolución da media. Como a media móvese arredor dos 14 ºC, collendo como referencia +/- 11 ºC,
rango no que se ven movendo
No axuste para o nñumero de días de temperaturas altas (Gráfica 6) resulta unha media
de un día máis con temperaturas superiores a 25º cada tres anos.
Gráfica 6:

p.5 de 16
O anterior é algo que ten correspondencia no que pasa coas mínimas.
Gráfica 7:

Neste caso, o descenso é maís pronunciado: a tendencia indica que cada ano hai case un
día menos de temperaturas inferiores a 3 ºC1, de xeito que, de seguir a tendencia, esta gráfica (tamén
a Gráfica 6, pero de xeito menos relevante) en poucos anos non será significativa en termos
estatísticos.

2.5. En resume
Hai unha tendencia ó quencemento, manifestada tamén en feitos como a aparición de
bolboretas 'calavera' na zona, ou a extensión rápida de diversas pragas. Algo que acompañaría a
unha tendencia global.

1 O ano 2002 non aparece por non ter datos do inverno.

p.6 de 16
3.Chuvia
Continuando coa recollida de datos da estación meteorolóxica da Pedro Murias,
atopámonos con que a serie fiable de chuvia ten asemade unha lonxitude menor do conxunto total
de datos recollidos, abranguendo igual que no caso de temperaturas, dende o 2003. Aínda así, con
datos incompletos de 2001 e 2002, ditos anos están incluídos nas gráficas seguintes como algo
indicativo.

3.1. Chuvia media


Táboa 2:

Na primeira liña baixo os anos, aparece o total choiva caída 2001-2017 (L/m 2, a ter en
conta que os datos de 2001 e 2002, como está dito, son incompletos, co que o total sería maior). Na
última ringleira, aparece a media diaria de litros por cada metro cadrado caída ó longo do mes
correspondente.

3.2. Chuvia media anual


Gráfica 8:

Represéntase na gráfica anterior o dato do promedio de choiva acumulada para cada día
do ano, numerados e con divisións no gráfico que agrupan algo menos de dous meses (50 días). Ista
representación da media de choiva acumulada ó longo dun ano para un día dado é unha gráfica que
sorprende ó facela pola súa limpeza. Vese que a cantidade de choiva caída vaise incrementando
loxicamente, pero distínguense tempos de máis precipitación e tempos de menos. En termos xerais,
podemos dicir que este ano resultou lixeiramente por riba da media (1037 L/m 2, 6 % máis de chuvia
caída que a media, 974 L/m2), e cun réxime de chuvia típico, cunha seca relativa no verán e chuvias
distribuídas ó longo do ano, en particular no outono-inverno.
Gráfica 9:

p.7 de 16
Comparando a gráfica de 2018 coa xeral media do século (Gráfica 8 e Gráfica 9),
atópase que a forma xeral segue o mesmo patrón, mais na Gráfica 8 a concentración en
determinados días é evidente, como corresponde a datos puntuais fronte a unha media.
Gráfica 10:

O gráfico anterior, correspondente á choiva que se foi acumulando durante cada ano (a
medida que transcorre o século, o grosor dos trazos aumenta), da idea clara de que o 2018 foi un
ano coa chuvia repartida de xeito normal e un pouco máis chuvioso que amedia.
En canto á relación con outros anos, a gráfica seguinte amosa unha tendencia lixeira a
aumentar a precipitación anual, pero totalmente enmascarada polo baixo coeficiente R2.
Gráfica 11:

p.8 de 16
3.3.Chuvia media mensual
A chuvia que se foi acumulando ó longo do ano queda representada xa nas gráficas
anteriores. Un resume mensual para o que vai de século represéntase nas dúas gráficas seguintes
(Gráfica 12 e Gráfica 13).
Unha, máis clásica (Gráfica 12), mediante barras de diferentes alturas indica que os
meses máis chuviosos están unha vez comezado o outono e no inverno, e os máis secos, na segunda
parte do verán e comezos do outono. A continuidade de ascensos e descensos é suave, excepto no
caso de decembro, un mes de chuvia media en medio de outros dous que son os máis chuviosos no
ano.
Gráfica 12:

A segunda gráfica (Gráfica 13) representa os mesmos datos mais tentando semellar a
case elipse do caso xa visto das temperaturas. Vese que os eixes neste caso están desprazados case
90º en relación ó de temperaturas (Gráfica 4), e a figura resulta moito menos harmónica, coa maior
anomalía en decembro.

p.9 de 16
Gráfica 13:

4.Vento
Os datos do vento son os tomados a 10 m de altura.
Neste caso, deixo a táboa en dúas unidades (km/h e m/s) xa que a usual, por mor da
circulación en estrada, non coincide coa recomendada no S.I.
Táboa 3:

Táboa 4:

4.1. Vento medio


O ano foi máis ben ventoso, acumulándose especialmente na segunda parte do outono,
mentres primavera e verán se axustaron á media, como amosa a gráfica de vento acumulado por
días no ano, en comparación cos outros anos do século.
Gráfica 14:

p.10 de 16
En canto a distribución do vento por semanas, no século, pode observarse o comentqdo
antes: inverno e outono teñen ventos de media ata un 50% máis rápidos que o verán.
Gráfica 15:

Algo que se confirma asemade coa distribución mensual, de variacións sempre máis
limitadas.
Gráfica 16:

p.11 de 16
O mesmo patrón visual obsérvase tamén na representación circular a continuación, na
que se ve unha forma equivalente á de temperaturas, mais cun desfase esta vez de algo máis de 180º
Gráfica 17:

4.2. Tendencia vento


A representación da velocidade media do vento no ano ó longo do século (Gráfica 18)
segue unha gráfica abondo plana, e aínda que tende a aumentar, o baixo coeficiente R 2, xunto con
ser unha liña case plana, non permite asegurar esta suba.
Gráfica 18:

p.12 de 16
5.Presión reducida
A presión reducida é a presión equivalente que obteríamos no lugar da medición se
estivera ó nivel do mar. Úsase como harmonización para poder comparar presións de diferentes
lugares a diferentes alturas.
A Pedro Murias ten entre os anos 2001 e 2006 grandes lagoas neste dato (comezou as
medidas de presión a comezos de 2000), comezando a normalizarse a situación a partir do 7 de abril
do 2006. Por iso presento dúas gráficas. Unha (Gráfica 19), coa serie completa da estación
automática. A outra (Gráfica 20), coa parte máis ou menos contínua da serie.
De calquera xeito, ambas dan unha idea parella: a presión media sube cada ano ó longo
do outono a medida que ven o frío e o aire se volve máis denso por esta razón. E nótase unha moi
lixeira tendencia ó aumento de presión, de novo sen significación como dato só dun puñado de anos
dunha única estación. En relación a isto, engadir que que altas presións correspóndense con ‘bó
tempo’ relativo, estando dito aumento en correspondencia co ‘bó tempo’ que suporía o aumento das
temperaturas.
Gráfica 19:

p.13 de 16
Presión reducida
Pedro Murias, s. XXI
1050 f(x) = 0,000320x + 1017,518636
1040
1030
1020
1010
1000
990
980
0 1000 2000 3000 4000 5000 6000 7000
Gráfica 20:

Presión reducida
Pedro Murias, abril 2006-fin 2018
1050
f(x) = 0,000515x + 1017,734447
1040
1030
1020
1010
1000
990
980
0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500 4000 4500 5000

6.Tendencia
A máis da temperatura, choiva e vento, poden recollerse moitos outros datos
meteorolóxicos para dar unha idea máis completa do tempo que pode facer en Ribadeo, ou mesmo
sinxelamente, para comparar con outros tempos e lugares.
Mais, coas medidas xa recollidas para as gráficas publicadas con anterioridade, cunha
análise máis detallada, poden obterse datos interesantes, sen cansar demasiado. Así pasa por
exemplo, cos 14,10 ºC de media que Ribadeo ten no ano (dato recollido na primeira parte, e
subindo) ou as temperaturas medias de meses que poden resultar máis interesantes de primeiras,
como xullo (18,6 ºC) ou agosto (19,1 ºC), ou para promocionar outras datas, como setembro (17,5
ºC), datos que non é doado atopar nas guías turísticas de Ribadeo, e que pola súa bonanza, coido
que deberan figurar.
A tendencia de temperaturas á alza está clara, e máis visible pola representación dos

p.14 de 16
días de cada ano que Ribadeo rexistrou nalgún momento temperaturas por riba de 25 ºC ou por
baixo de 3 ºC. Ambos falan ás claras dunha tendencia que se nota no adianto da primavera ou na
floración dalgunhas árbores dúas veces nun ano, co correspondente stress, cansanzo e debilidade do
exemplar. Trátase do aumento das temperaturas observadas cada vez máis en anos consecutivos,
traducido en que por termo medio cada ano aumenta máis dun día o número de rexistros diarios con
temperaturas de máis de 25 ºC, e tamén diminúe do mesmo xeito o número de rexistros diarios con
temperaturas por baixo de 3 ºC. Tendencia que se está a incrementar: dentro do século, os catro anos
con máis días con temperaturas superiores a 25 ºC están incluídos nos sete últimos. Asemade, os
dous primeiros anos do século están entre os tres con menor número de días con algunha medida de
temperatura superior a 25 ºC. E de xeito correspondente, tamén os cinco últimos anos inclúen ós
catro con menor número de días por baixo de 3º C...
Caso diferente é o da chuvia ou o do vento, que se ben parecen aumentar, podería ser só
un efecto derivado do baixo R2 que ambas tendencias obteñen.
Cos poucos datos tomados, non se pode falar máis que dunha tendencia, pero é unha
tendencia que está en liña co tan discutido cambio climático a nivel mundial e á súa orixe nas
actividades humanas.

7.Referencias
O traballo compleméntase e aproveita o xa publicado en Ribadeando
(http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/Meteorolox%C3%ADa) e Física e Química en
Ribadeo (http://fqribadeo.blogspot.com.es/search/label/Meteorolox%C3%ADa), e en follas de
cálculo con datos da Estación Meteorolóxica de Meteogalicia sita en Pedro Murias, no termo
municipal de Ribadeo (http://www.meteogalicia.gal/observacion/estacions/estacions.action?
request_locale=gl), tamén usados nos dous blog.
Libre Office foi o programa usado para cálculos, representacións e escritura.

8.Índice

8.1.Índice de apartados
1.Introdución p. 1
2.Temperatura 2
2.1. Temperaturas medias diversas ... 2
2.2. Temperatura media anual ... 2
2.3. Temperatura media mensual ... 4
2.4. Temperaturas máxima e mínima ... 5
2.5.En resume ... 6
3.Chuvia 7
3.1. Chuvia media ... 7
3.2. Chuvia media anual ... 7
3.3.Chuvia media mensual ... 9
4.Vento. 10
4.1. Vento medio ... 10

p.15 de 16
4.2. Tendencia vento ... 12
5.Presión reducida 13
6.Tendencia 14
7.Referencias 15
8.Índice. 15

8.2.Táboas
1.-Temperaturas. Promedios. p. 2
2.-Chuvia media. 7
3.-Vento (km/h) 10
4.-Vento (m/s) 10

8.3.Gráficas
1.-Temperaturas medias anuais.
2.-Variación das temperaturas medias anuais.
3.-Temperatura media mensual (barras)
4.-Temperatura media mensual (radios)
5.-Temperatura promedio sobre días anteriores do ano.
6.-Días con máxima > 25 ºC
7.-Días con mínima < 3 ºC
8.-Chuvia acumulada 2018.
9.-Chuvia acumulada. Promedio no século en función dos días transcorridos no ano.
10.-Chuvia acumulada durante o ano.
11.-Caída anual de chuvia en Ribadeo.
12.-Chuvia diaria media por meses no século (barras)
13.-Chuvia diaria media por meses no século (radios)
14.-Vento acumulado durante o ano.
15.-Vento por semanas no século.
16.-Vento por meses no século.
17.-Vento diario por meses no século
18.-Velocidade media do vento (m/s, século)
19.-Presión reducida (século)
20.-Presión reducida (dende 2006)
Ribadeo, xaneiro de 2019
Antonio Gregorio Montes

p.16 de 16

You might also like