You are on page 1of 1

ANTÓN FRAGUAS - LETRAS GALEGAS 2019

EXPRESIÓN ESCRITA

TAREFA:
Baseándote nos seguintes fragmentos de “Galicia. A terra e o mar: A xeografía”
de Fraguas, escribe un artigo sobre a diversidade de Galicia para un blog ou
revista dixital de viaxes.

“Galicia é unha punta de Europa”. Pero é unha punta diferente das outras
esquinas que tamén son puntas que se afunden no misterioso Océano e
representaron cada unha no seu sitio, os fins da Terra. É unha terra diferente
e moi ben deslindada ainda que con puntos comúns coa zona veciña onde
se identifican costumes, falares e parentes, mais sentindo cada un a
identidade do terrón que pisa e onde ten a súa vida e maneira de vivir.”

“A ría de Vigo atópase protexida na súa entrada polas illas Cies e no interior
a fermosa de San Simón [...]. Cerca de San Simón está Redondela e cerca
o antigo cerre de Rande onde se puñan as cadeas para gardar a ría, e que
hoxe ten unha das pontes mais importantes de Europa.”

“A máis importante lagoa que había en Galicia era a de Antela ou de Beón.


[...] Nos pastos que había nas terras húmidas criábase o clásico gando da
Limia de cor negra. Era un marabilloso lugar de aves e a xente dicía que aí
estivera a cidade de Antioquía.”

You might also like