You are on page 1of 1

2.

A MORTE ANUNCIADA
O concepto dunha boa morte no mundo rural pode diferir bastante do que se
poida ter no mundo urbano; así, mentres que para o primeiro caso a morte é
entendida nunha dimensión social, para o segundo queda reducida a unha
dimensión moito máis privada, familia e íntima.
Existen varias formas de tomar conciencia da propia morte porque, en moitas
ocasións, a morte anúnciase baixo diversos modos: unhas veces son paxaros
considerados de mal agoiro; outras veces son persoas defuntas (coñecidas ou
descoñecidas e pode ser tamén a Santa Compaña) as que veñen a avisar; poden
ser tamén ruídos estraños e pouco habituais; comportamentos sospeitosos e
anormais de animais (sobre todo os cans da casa, pero tamén o canto do
moucho ou da curuxa a carón da casa, o canto do galo ao entrar no galiñeiro); a
coincidencia de varias campás tocando á mesma hora; notar determinados
olores (a incenso, a cera nunha encrucillada de camiños); avisos concretos de
persoas que presenten que vai suceder algunha morte, aínda que non podan
identificar exactamente á persoa concreta; pero tamén poden ser sensacións do
propio interesado que lle indiquen que a fin está próxima e, nesta liña, están as
diferentes visións nas que o propio interesado ve a súa propia morte, a comitiva
fúnebre.
Segundo a crenza máis estendida, todos temos o noso aviso, o caso é saber
interpretalo.
 Ves moitas diferenzas entre a morte no rural e a morte no mundo urbano?
 Pensas que os animais poden chegar a presentir o futuro? E a morte?

You might also like